Historia do club

Fomos fundados en 1.953, sendo o noso primeiro Presidente D. José Naya Veira.

Debutamos na tempada 1.953/1.954, na liga de Segunda División de

As Mariñas, xogando o noso primeiro partido en Culleredo, o 22 de novembro de

1.953 contra o Fontemayor.

Na tempada 1.956/1.957 gañamos o primeiro Título ao conseguir o

Campionato das Mariñas e Zona, título que repetimos na tempada

1.959/1.960.

O 12 de outubro de 1.978 inaugúrase o actual campo de fútbol de

Vilaboa, sendo no seu momento dos poucos de céspede da zona das Mariñas.

Na tempada 1.989/1.990 conséguese o Título de Liga de Primeira

Rexional,ascendendo a Rexional Preferente, a máxima categoría na que ha

participado o Club.

Na tempada 1.996/1.997, conséguese o Título de Segunda Rexional

O 24 de xullo de 1.998 chega outro dos grandes éxitos do Club ao

conseguir a Copa da Coruña no Estadio de Riazor, ao gañarlle na Final ao

Portazgo S.D. Por 4 a 0.

Nas tempadas 2.003/2.004 e 2.009/2.010 gáñase o Título de

Segunda Rexional.

O club ademais proclamouse Campión do Torneo Concello de

Culleredo en 25 ocasións.

Na Categoría de Veteranos proclamámonos Campións Galegos en 2

ocasións, a primeira en 2.011 e a segunda en 2.017.

No referente a Categorías Inferiores, aínda que anos antes habiamos

tido equipos Xuvenís, non se consolidaron definitivamente ata a tempada

1.978/1.979, na 1.980/1981 créanse os Infantís e na 1.981/1.982 os

Alevíns, fóronse creando equipos ata a tempada 2010/2011 na que por

primeira vez créase un equipo na categoría Biberón e na 2.016/2.017 na

que debutamos no Fútbol Feminino

Os Xuvenís, Cadetes e Infantís participaron nas ligas Galegas

varias veces e en Alevíns , Benjamines, Prebenjamines e Biberón fomos

campións das Mariñas en varias ocasións.

O 19 de abril de 2.015 inaugúranse as melloras nas instalacións do Club,

consistentes na construción de novos vestiarios , a dotación de Iluminación

Artificial e a máis importante : a substitución do cesped natural por un sintético

de última xeración.